Sobre FSC

SOBRE FSC

FSC é o sistema de certificación forestal máis fiable

A misión de FSC consiste en promover unha xestión forestal ambientalmente apropiada, socialmente beneficiosa e economicamente viable en todo o mundo. FSC desenvolveu un plan a escala global liderando uns estándares nacionais de xestión forestal, e un sistema de certificación para os xestores forestais que se comprometan a aplicalos.

Ademais dun sólido proceso de verificación independente do desenvolvemento destes xestores forestais, das normas de cadea de custodia, dun sistema de certificación para distribuidores e produtores, e dunha protección do rexistro de marca, FSC creou a etiqueta de produtos forestais máis coñecida e fiable do mundo, que permite que tanto as empresas privadas coma as administracións públicas e os consumidores finais apoien esta xestión forestal coa súa opción de compra.

O sistema de FSC baséase nun proceso de toma de decisións, supervisión e avaliación no que participan múltiples partes interesadas e que aposta por garantir un equilibrio constante entre elas. Deste xeito, dáse voz a organizacións ambientais e sociais, sindicatos e representantes de poboacións indíxenas, á vez que se teñen moi en conta os intereses das grandes e pequenas empresas.

FSC no mundo e en España

A xestión forestal FSC abrangue na actualidade máis de 226 millóns de hectáreas dos terreos forestais produtivos do mundo, e conta coa participación de máis de 50.000 empresas e 200.000 pequenos produtores forestais.

Na Unión Europea (UE), máis do 25 % dos bosques produtivos contan coa certificación FSC e os sistemas de contratación pública verde de diversos países benefícianse da presenza dunhas 15.000 empresas de produción e comercialización certificadas FSC.

En España FSC ten certificadas 361.522 hectáreas e 45.033 unidades de xestión forestal. Hai ademais 1.281 certificados de cadea de custodia FSC (COC) que implican 1.741 empresas certificadas.

FSC é, así mesmo, o sistema preferido maioritariamente polo movemento ambiental global que, ao mesmo tempo, permite que non baixemos a garda sinalando debilidades e casos de abuso. A protección xurídica dos nosos logotipos, así como o procedemento de presentación de queixas, garanten un eficaz tratamento de todas as denuncias presentadas.