Madeira Certificada FSC

MADEIRA CERTIFICADA FSC®

Que é a
certificación FSC?

A certificación forestal FSC confirma que o bosque estase a xestionar co máximo coidado de xeito que se preserva a diversidade biolóxica e favorécense as vidas das poboacións e dos traballadores locais, asegurando ao mesmo tempo que tamén sustenta a viabilidade económica.

A certificación FSC de cadea de custodia ofrece unha verificación fiable e rigorosa de que os produtos de orixe forestal proveñen de fontes controladas, foron identificados e separáronse do material non certificado e non controlado ao longo de toda a cadea de subministración, dende o bosque ata o mercado, sen mesturarse con outras madeiras de dubidosa orixe.

Que vantaxes ten usar madeira certificada FSC na miña casa?

A madeira ten moitas vantaxes construtivas en comparación con outros materiais. Pero existe o perigo de que poida proceder de cortas abusivas e non sostibles. Para evitalo resulta fundamental elixir madeira certificada FSC.

FSC é a solución de xestión forestal sostible máis fiable do mundo, pois engade beneficios ambientais, sociais e económicos aos proxectos de construción. Así mesmo, axuda a cumprir os distintos regulamentos ambientais como o EUTR (Regulamento da madeira da Unión Europea).

O FSC aborda 14 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, abranguendo cuestións ecolóxicas e sociais en bosques de todo o planeta.

Que “malas madeiras” rexeita a certificación FSC?

Madeira obtida ilegalmente.

Madeira obtida a custa de violar os dereitos tradicionais e humanos.


Madeira obtida en bosques onde os altos valores de conservación (AVC) están ameazados polas actividades extractivas.


Madeira procedente de bosques que non contan con estritos plans de xestión forestal.


Madeira obtida en plantacións que ocupan bosques naturais destruídos.


Madeira proveniente de bosques onde se plantan árbores transxénicas.es transgènics.

Que beneficios ambientais ten usar madeira certificada FSC?

Porque é ecolóxica e socialmente responsable. Sempre que fose producida de xeito sostible, incrementar o compoñente de madeira nun edificio reduce o seu impacto ambiental ao longo de todo o seu ciclo de vida. E pode axudar a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Porén, a corta ilegal e as prácticas forestais insostibles socavan os beneficios ambientais e sociais do uso da madeira. Por iso a certificación da madeira resulta tan importante e eficaz, sobre todo se se leva a cabo cumprindo o sistema global de certificación FSC.

Nos vindeiros anos, a demanda de produtos forestais incrementarase debido ao crecemento da poboación e o consumo, pola maior demanda de bioenerxía e polo xurdimento da economía baseada en produtos biolóxicos (que, entre outras cousas, substituirá o petróleo como fonte de plásticos). Todo iso aumenta inda máis a importancia de promover unha xestión sostible dos bosques mediante pautas de compra responsable baseadas nos estándares de FSC

Por que é máis saudable
utilizar madeira certificada FSC?

A madeira é un material natural con propiedades higrotérmicas que engaden confort e saúde ao fogar. Achega estética e é agradable ao tacto e ao olfacto. É un bo illante acústico e a luz natural resulta máis cálida.

A madeira é un material de construción que ofrece múltiples vantaxes: é bonita, doada de traballar, renovable e reciclable, de baixo consumo enerxético e de alto rendemento. Ademais, aumentar o uso da madeira no ámbito da construción reduce a pegada ambiental dos edificios dende o principio e ao longo da súa vida útil.

O aceiro esixe un consumo de enerxía 24 veces maior que a produción de madeira.

O formigón xera 0,14 toneladas de emisións de CO2 por metro cúbico.

Fronte a isto, a madeira absorbe aproximadamente 0,9 toneladas de CO2 por metro cúbico, e almacena o carbono ata que a madeira finalmente se descompón ou se queima.

Por todo iso, aumentar a presenza de madeira como compoñente de edificios supón unha importante achega de cara a mitigar o cambio climático.